DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES


INICIO







Flash Banner Placeholder.

NOMEAMENTOS SERGAS
30.04.2009

CONSELLERIA DE SANIDADE

XERENTE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rocío Mosquera Álvarez Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en Cirurxía Xeral e do aparello dixestivo, formada no Hospital Xeral de Galicia. Traballa como médico inspector da Seguridade Social desde 1985. Previamente, foi directora de Atención Primaria de Saúde da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, desde 1987 ata 1991, e xefa do Servizo de Inspección Sanitaria da Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade desde 1991 a 1994. Desempeñou o cargo de subdirectora xeral de Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde desde 1994 a 1998; de asesora da Dirección Xeral de Saúde Pública desde 1999 a 2001, e foi xerente do Hospital Nuestra Señora de la Esperanza, pertencente ao grupo sanitario Nosa Terra que conta co hospital privado máis grande de España, POVISA, desde xullo de 2002 ata a actualidade. Traballou como consultora con Smart Solutions e coa empresa IDC SA; auditora do Plan de Minimización de Riscos Microbiolóxicos dos hospitais de Galicia e secretaria da Comisión de Acreditación Hospitalaria de Galicia, Membro do Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, desde a súa constitución ata maio de 1998 e do Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza, desde a súa constitución ata maio de 1998. Tamén exerceu de Vocal do Consello Asesor da Consellería de Sanidade, desde 2006 ata a actualidade.Conta, ademais, con varios cursos, entre eles, o Curso de Capacitación en Xestión da Atención Primaria, organizado pola Escola Nacional de Sanidade, e estudou un Máster en Xestión Xerencial Hospitalaria, organizado pola Escola de Alta Dirección e Administración (EADA).


DIRECTOR DE RECURSOS ECONÓMICOS DO SERVIZO GALEGO DE SÁUDE
Pablo Torres Arrojo Naceu en Lugo en 1972. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, diploma en Xestión de Servizos Sanitarios por CUSP, máster en Administración e Dirección de Empresas por ICADE, diploma en Alta Dirección de Servizos Sanitarios polo IESE e diploma en Xestión e Dirección de Entidades sen Fins de Lucro pola Escola de Economía. Traballou como técnico en función administrativa no Hospital Universitario Clínico San Carlos entre os anos 1997 e 1999, nos departamentos de contabilidade analítica, facturación, xestión económica, subministración e análise de consumo. Entre 1999 e 2001 foi o director de xestión do Hospital Comarcal Gutiérrez Ortega de Valdepeñas e, entre 2001 e 2008, ocupou o cargo de subdirector de xestión económica do Hospital Universitario Clínico San Carlos, onde foi o encargado de xestionar o orzamento do hospital. Desde o ano 2008 ata a actualidade, ocupou o posto de director de xestión e servizos xerais do Hospital Universitario Príncipe de Asturias, onde se encargou da xestión económica do hospital e foi responsable das tres subdireccións non asistenciais: económica, servizos xerais e recursos humanos. Interveu, ademais, como relator en diferentes cursos e conferencias en distintos lugares de España, entre elas O mantemento da electromedicina nos hospitais, que se celebrou en Santiago de Compostela.

DIRECTORA DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Esperanza Fernández Lago É licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, Ourense, no 1994-1999. Cursou un máster de Xestión de Empresas de Automoción entre 2001 e 2002 e un curso de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, entre 2006 e 2007.Desde decembro de 2007 era directora de Recursos Humanos de Zara Loxística e responsable de Recursos Humanos de Loxística Inditex. Previamente, foi adxunta ao responsable de Recursos Humanos de Loxística Inditex. Entre decembro de 2002 e febreiro de 2007, traballou como responsable de RR.HH da empresa Prevent Vigo, S.A. e de maio de 2001 a decembro de 2002, foi adxunta ao departamento de RR.HH de Faurecia Sistemas de Escape España, S.A. De febreiro de 2001 a novembro de 2002, traballou no despacho Silveira Solla Abogados.




URXENTE



SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE
banner_Aminetu


NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com